Ir a Página Principal
 Ancianos |Cooperación | Educación | Formación | Hogares Infantiles | Obra Social | Sanidad|
COLEGIO LA MILAGROSA (LUGO)
Datos del centro
Actividades del centro
Historia
Actividades extraescolares
A.N.P.A.

Instalaciones

DATOS DEL CENTRO

Colegio LA MILAGROSA LugoColegio LA MILAGROSA

  • Educación Infantil e Primaria
  • Dirección: Praza de Ferrol, 21
  • Localidad: Lugo
  • Código Postal: 27001
  • Provincia: Lugo
  • Teléfono: 982 24 20 10
  • Fax: 982 24 31 54
  • Email1:colegio@lu37.e.telefonica.net
     
  • Página web: Página web
     
  • Persona de contacto sobre posibles dudas: Mª Carmen Rodríguez Lage ( profesora de E. Infantil)
  • Horario:
    Ed.Infantil e Primaria: de 9 a 14h
inicio página
ACTIVIDADES DEL CENTRO
Colegio La Milagrosa
HISTORIA DEL CENTRO

O Colexio La Milagrosa está rexido e dirixido polas Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.

Chegaron estas Irmás a Lugo, en número de seis, o ano 1879 para facerse cargo da BENEFICENCIA, que comprendía o Hospital, o Asilo e o Hospicio. E todo reunido nun só edificio: o que hoxe é Museo Provincial. A iniciativa partiu do entón alcalde de Lugo e presidente da Xunta de Beneficencia, o Sr. Cayón.

De acordo coas mesmas Irmás, en Xaneiro de 1880, a Xunta Municipal de Beneficencia creou unha "Escola de Párvulos" dentro do mesmo edificio, para nenos de ambos os dous sexos, de 3 a 6 anos, fillos de familias humildes, os cales permanecían no devandito centro dende as 7 da mañá ata as 8 da tarde. Para iso solicitouse a presenza de dúas irmás máis.

En 1900, é o Sr. Bispo de Lugo, Don Benito Murúa quen require ás Fillas da Caridade para que se fagan cargo dunha "Escola para nenas pobres", no edificio pegado á Igrexa San Juan de Dios, hoxe Parroquia de San Froilán.

Con todo, os medios económicos por aquelas datas eran moi escasos e as Irmás houberon de traballar Aula usos múltiplesdenodadamente para soster o Colexio e sosterse a si mesmas, pois as clases eran gratuítas. Só a fe e a Providencia lles axudaron a levar as súas moitas privacións con alegría e con recoñecido proveito para as súas numerosas alumnas.

En 1940 as Fillas da Caridade abriron no devandito colexio internado para novos que viñan dos pobos a estudar en Centros Oficiais da Cidade; continuaron coa súa Escola de Párvulos e Primaria, e, á súa sombra naceron así mesmo algunhas outras obras "Vicencianas": As Damas da Caridade (hoxe Voluntarias da Caridade), a Asociación da Milagrosa, as Fillas de María (hoxe Juventudes Marianas Vicencianas).

Chegamos a 1978. Coa LODE en vigor, o Ministerio de Educación autorízaas a impartir oito unidades de E.X.B. e catro unidades de preescolar; e actualmente ten tres unidades de Educación Infantil e seis de Educación Primaria mediante Concerto Xeral coa Consellería de Educación.

A escaseza, non obstante, de vocacións relixiosas condicionounas a contratar profesoras segrares para poder atender debidamente a formación integral, tanto dende a perspectiva intelectual como humana e cristiá dos numerosos alumnos do colexio, hoxe mixto.

No ano 2000 celebramos o CENTENARIO 1900- 2000 do noso colexio, motivo polo que se publicaron numerosas recensións e publicacións en distintos medios, do tipo:

"... O Colexio de A Milagrosa segue sendo exemplo do bo facer e mellor educar. Centos de ex_alumnos e alumnas formados nas súas aulas e que camiñan polas nosas rúas, poderían certificalo.

Por iso as Fillas da Caridade queren continuar na nosa cidade de Lugo. Queren que a obra de San Vicente siga adiante e dispostas están a poñer os medios para que así sexa..."

inicio página
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA EL CURSO 2008 - 2009
    Biblioteca
    • Prensa
    • Aeróbic
    • Danzas rexionais
    • Expresión Musical
    • Fútbol
    • Karate
    • Expresión Corporal
    • Natación
    • Teatro
    • Xadrez
    • Estudio
inicio página
A.N.P.A.

A xunta directiva da A.N.P.A., representa aos pais dos alumnos que pertencen a esta asociación, sendo case a totalidade.

Participa activamente na vida do centro, presta o seu apoio, promove e sufraga as actividades extraescolares, organiza festas, concursos...en resumo, como órgano de participación colabora co profesorado e demáis estamentos.

Cabe destacar que esta asociación é a que xestiona o funcionamento do comedor escolar ( servizo Catering).

inicio página
Alta-web |Comentarios | Email | Novedades | Encuentro | Portal | webmasters |               alfanet87,scp