A Comunidade Educativa, quixemos potenciar e vivenciar a dimensión Mariana e Misioneira, programando desde o Equipo de Pastoral do Centro as actividades seguintes:
1. Ambientar os corredores e patios con murais da Milagrosa
2. Catequese para coñecer a Medalla
3. Vídeo das Aparicións da Virxe
4. Debuxar e colorear as Viñetas da historia da Medalla
5. Os días 23, 24 e 27 tivemos, na Capela, distintas celebracións, cada curso por separado
6. Repartir a todos os alumnos Medallas e imaxes da Virxe Milagrosa
Nesta festividade da Virxe, os peques , medianos e maiores expresaron o seu amor a María con oracións, cantos, flores e poemas
¡Que contentos!. Míranos nai querida con eses ollos tan belos. Grazas. |